 Xirandola, comenzará mañá martes en torno as 11.30 horas a patrocinar unha serie de espacios relacionados co mundo do folclore en Radio Lalín.
Estes microespacios estarán englobados dentro do magazine "Entre Nos", que dirixe e presenta Manuel Vilariño,na Radio municipal lalinense no 106.8 FM.
Os espacios versarán sobre diversos temas como poden ser o vestiario, a música, as recollidas,tipos de bailes, etc...
Esta é unha nova iniciativa do grupo co fin de celebrar o seu XX aniversario. A colaboración con esta emisora de Radio xa se fixo patente tanto coa gravación da Banda sonora do documental "Xirandola 20 anos",como co patrocinio tamen do prgrama especial Feira do Cocido.
|