XIRANDOLA, baile e música tradicional [versionweb 1.7] Votanos no TopWeb de Libra para promociona-la web   
•   Principal  •  Descargas  •  Tu Cuenta  •  Foros  •
Menú



 CURRICULUM
 AGENDA
 FOTOS E IMAGENES
 ContactA con nosotros
 Archivo de noticias


· NUEVOS VIDEOS

 DISCUSION

 Libro de Visitas


 COLABORA

 ENVIAR CITA
 ENVIAR NOTICIA
 ENVIAR FOTO


 VARIOS

 SOBRE REXISTRO
 Tu cuenta
 Recomiendanos
 Top 10

Sentencias
No hay ningún viento favorable para el que no sabe a qué puerto se dirige
- Arthur Schopenhauer
Usuarios


NO REGISTRADO




Recordar

(Regístrate)

Membresía:
Último: liebre
Nuevos Hoy: 0
Nuevos Ayer: 0
Total: 102
Gente en línea:
Visitantes: 5 (100%)
Miembros: 0 (0%)
Total: 5

En línea ahora:
Visitantes:
01: Visitante
02: Visitante
03: Visitante
04: Visitante
05: Visitante
Contacto
 Agreganos a favoritos
 Haznos tu pagina de inicio
 
 

Visitas
Vinte anos de Xirandola nunha mostra retrospectiva
Articulos La Voz de Galicia

No Centro Cultural Vista Alegre de Bandeira poderá verse esta exposición, na que se amosará a historia do grupo folclórico a través de carteis, fotografías e vestiario



A exposición temática do grupo folclórico Xirandola de Bandeira só estará aberta ao público dous días: os vindeiros días 17 e 18 de marzo no Centro Cultural Vista Alegre da localidade silledense, e verá a luz con motivo da celebración dos vinte anos de vida da formación. Unha mostra que non deixa de ser unha acto máis con motivo desta efeméride, que conlevará a organización de máis actividades ao longo do ano. Fotografías, carteis, traxes e premios configurarán esta ampla exposición que é unha retrospectiva do grupo. «É unha lembranza dos últimos vinte anos, pero tamén con visión de futuro» explica Javier Blanco, membro da agrupación.

Expor todo o material bibliográfico de Xirandola é tarefa imposible, pero tampouco resultou doado facer unha seleción de material. «Só fotografías pode achegarse á cifra a catro mil. A meirande parte das mesmas pertencen aos fondos do grupo, pero logo cada un conta con varias na súa casa. De feito fíxose unha seleción por temas, algunhas ampliáronse e outras amosaranse a tamaño normal».

Os visitantes atoparanse tamén con vellos carteis nos que se anuncia a actuación da agrupación folclórica de Bandeira; o máis vello é un do ano 92 dunha Festa da Empanada «aínda que podería xurdir unha sorpresa de última hora e poderíamos contar cun do ano 1988 que, segundo parece, posúe unha moza gardado na súa casa». A riqueza e a variedade do vestiario de Xirandola é de sobra coñecida. Moitos dos premios acadados ao longo destes vinte anos foi precisamente pola coidada indumentaria do grupo, polo que nesta exposición non poden faltar tales elementos. Serán en total unha decena de traxes moi escollidos. «Estará o traxe de Bandeira, o de máis relevancia de cotío, o de máis lonxe, o que posúe máis abalorios e tentaremos amosar o máis antigo do grupo que supera os 120 anos e do que se conserva incluso a roupa interior do mesmo». Unha boa parte dos trofeos que foi conseguindo o grupo tamén sairá das habituais vitrinas para seren mostrados aos visitantes, ao igual cos logotipos que se presentaron a concurso. Todo iso poderá verse de 10 a 14 horas, e de 16 a 19.30 horas.

Pero Xirandola tamén é futuro. É o festival infantil que se celebrará o 12 de maio, é a próxima presentación dun documental e dun libro anecdotario sobre a formación, unha vindeira actuación en Toledo fixada para o 26 de maio e será tamén esa gran gala de peche de aniversario alá para decembro.

Enviado el miércoles, 14 de marzo a las 19:37:19 por xirandola




javisimo escribió: Re: Vinte anos de Xirandola nunha mostra retro (Puntuación 5)
Moitas felicidades rapaces, unha mostra moi completa que me fixo aflorar recordos que estaban agochados alá por algun recanto da memoria.

Tamén dicirvos que me alegrei moito de vervos de novo. biquiños.
2007-03-19 11:56:51 
Responder
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrese por favor
Temas Asociados

Articulos La Voz de Galicia

 
Enlaces Relacionados
 Más Acerca de Articulos La Voz de Galicia
 Noticias de xirandola


Noticia más leída sobre Articulos La Voz de Galicia:
Tres 1º premios para Xirandola no ensalzamento do traxe galego

Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 4.66
votos: 3


Por favor quédate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


Opciones

 Versión Imprimible  Versión Imprimible

 Enviar a un Amigo  Enviar a un Amigo

GRUPO DE BAILE Y MUSICA TRADICIONAL XIRANDOLA
Centro Cultural "Vista Alegre"
C.P. 36570 Bandeira
Pontevedra
xirandola@xirandola.com
Todos los logos y marcas son propiedad de sus respectivos dueños. Los comentarios son propiedad de quienes los escriban (aunque nos reservamos el derecho de editar o borrar comentarios o mensajes que busquen polémica o insultos), lo demás © 2005 por mi.
Recordamos que no te encuentras en esta página obligado, si vas a comportarte bien, si no, lárgate.
Premio Raiden a la calidad y contenido - 2005
Powered by: JaViSiMo

Web site engine code is Copyright © 2003 by PHP-Nuke. All Rights Reserved. PHP-Nuke is Free Software released under the GNU/GPL license.
Nuke ET Copyright © 2004 por Truzone.

:: fisubsilver shadow phpbb2 style by Daz :: PHP-Nuke theme by coldblooded (www.nukemods.com) ::