30/11/2005 Deza-Tabeirós
En dous minutos | Nova andaina folclórica
A finais de xaneiro o grupo silledense participará no acto do folclore dos pobos, en Madrid
Por segundo ano consecutivo o grupo Xirandola de Bandeira acudirá á Feira do Turismo de Madrid. Un evento feiral que reúne cada ano todas as posibilidades turísticas existentes e preséntalle ao público as mellores opcións á hora de viaxar. A música e o folclore tamén se dan cita nesta feira á que voltará Xirandola, representando a nosa comunidade autónoma, e na que se poderán ver actuacións doutras formacións procedentes de Senegal, Cuba e Rusia, como sucedeu no 2004.....
NOVA COMPLETA
Por segundo ano consecutivo o grupo Xirandola de Bandeira acudirá á Feira do Turismo de Madrid. Un evento feiral que reúne cada ano todas as posibilidades turísticas existentes e preséntalle ao público as mellores opcións á hora de viaxar. A música e o folclore tamén se dan cita nesta feira á que voltará Xirandola, representando a nosa comunidade autónoma, e na que se poderán ver actuacións doutras formacións procedentes de Senegal, Cuba e Rusia, como sucedeu no 2004. Á espera de pechar os detalles, os compoñentes do grupo silledense lembran que na pasada edición só se realizaba unha actuación por grupo, pero nun auditorio tan ateigado de xente que moita tivo que quedarse no exterior. Unhas actuacións que forman parte dos actos que se engloban no denominado folclore dos pobos.Ata o de agora Xirandola non escolleu a peza que levará á capital de España nin tampouco o vestiario. Toca depurar técnica e estudiar. O grupo acaba de iniciar esta tempada despois dunha breve parentese tras voltar da estadía en Arxentina, que levou a cabo co alcalde de Silleda. A formación conta con novas incorporacións, no grupo dos máis cativiños, e xa están a preparar o deseño da programación de 2006, que ven sendo intensa en verán. O pasado pechouse coa participación en dez festivais, tres concursos e a asistencias a festas. Os compoñentes non desbotan a posibilidade de voltar a cruzar o charco, dentro dun tempo.
ARTIGO EN "LA VOZ DE GALICIA"
|