![XIRANDOLA, baile e música tradicional [versionweb 1.7]](themes/fisubsilversh/images/logo.gif) |
|
 |
|
Menú |
|
|
|
|
|
|
|
|
| |
|
|
|
| |
|
|
DISCUSION |
| |
|
|
COLABORA |
| |
|
|
VARIOS |
| |
|
|
|
|
|
|
Sentencias |
|
|
La imaginación es más importante que el conocimiento. El conocimiento es limitado. La imaginación rodea al mundo. - Albert Einstein
|
|
|
|
|
|
Usuarios |
|
|
|
|
|
|
|
Contacto |
|
|
|
|
|
|
|
Tres 1º premios para Xirandola no ensalzamento do traxe galego
|
|
 30/07/2005 Tres primeiros premios para o grupo Xirandola no ensalzamento do traxe galego, en Santiago O grupo de baile Xirandola de Bandeira segue a acadar premios en vestiario. Con estes tres premios máis acadados nesta semán en Santiago de Compostela, a formación Xirandola pasa a converterse nun dos grupos galegos que máis recoñecementos obtivo pola súa laboura no coidado e recuperación de traxes galegos. Xirandola invirte boa parte do seu orzamento na elaboración destas pezas, sempre moi coidadas, e que chaman a atención do público en calquera das súas actuacións.
NOVA COMPLETA
O grupo de baile Xirandola de Bandeira segue a acadar premios en vestiario. E xa van preto dunha vintena. O pasado xoves participou en Santiago na tradicional mostra de ensalzamento de traxe galego e conseguiu tres importantes galardóns, tres primeiros premios. O primeiro foi por un traxe de cotío da comarca de Deza que levou David Gómez, un traxe moderno de muller da localidade de Muros foi merecente doutro primeiro premio e un traxe antiguo de muller de Curantes foi merecente doutro galardón máis. Cristina González e Eva Sangiao foron as encargadas de lucir esas fermosas pezas. No caso do traxe de Curante todo era vello, dende a roupa interior ata as xoias que levaba a moza silledense. Con estes tres premios máis acadados nesta semán en Santiago de Compostela, a formación Xirandola pasa a converterse nun dos grupos galegos que máis recoñecementos obtivo pola súa laboura no coidado e recuperación de traxes galegos. O grupo conta agora cun total de dezaséis premios só no apartado de vestiario ao que se lle suma un bo número de premios acadados en festivais e concursos. Xirandola invirte boa parte do seu orzamento na elaboración destas pezas, sempre moi coidadas, e que chaman a atención do público en calquera das súas actuacións.
|
|
Enviado el lunes, 01 de agosto a las 22:20:46 por webmaster |
|
|
|
|
| Anónimo escribió: Re: Tres 1º premios para Xirandola no ensalzam (Puntuación 5) |
Ola
estou buscando fotos de mantelos adornados, alguén sabe onde podo atopalas??
por certo, noraboa xirandola!! |
2006-05-30 19:42:59 Responder |
|
| JaViSiMo escribió: Re: Tres 1º premios para Xirandola no ensalzam (Puntuación 3) |
| Pois mira na sección de fotos e imaxes, ó mellor podes rescatar algo de ahí. Sorte na busca. |
2006-05-31 07:11:09  Responder |
| | No se permiten comentarios Anónimos, Regístrese por favor |
|
Temas Asociados
 | | | | |
| |
| Enlaces Relacionados |
|
|
|
|
|
|
|
| Votos del Artículo |
|
|
|
Puntuación Promedio: 5 votos: 2

|
|
|
|
|
| Opciones |
|
|
|
|
|
|
|
|
|